ANTONIO MANUEL TORRES (NOLI)


Profesor de batería. Natural de San Vicente de Cerponzóns.

Foi alumno do CEMM (Centro de Estudios de Música Moderna) antes de ingresar no Conservatorio de Música de Pontevedra. Durante o ano 1989 recibiu clases particulares de Fernando Llorca e desprazouse a Madrid en 1990 para estudiar na EMC (Escuela de Música Creativa) e máis no Taller de Jazz con profesores como Guillermo Mc Gill, Carlos Carli, Vicente Climent, Alfonso Carrascosa, Juan Sanmartín, Manolo Sánchez ou Joaquin Chacom.

Ó longo da súa carreira participou en agrupacións moi diversas e tocou con músicos recoñecidos como Peter Delfinich, Abelardo Rábade ou Roberto Somoza, gravando unha maqueta en directo con este último no Festival de Getxo (Vizkaia). Na actualidade toca na compaña de Carlos Calviño e Luis Lorenzo no carteto Fanjazz e compaxina o seu traballo como batería en grupos e orquestras de baile coa súa actividade docente na Escola de Estudios Musicais A TEMPO.

Menú de profesorado