Iniciouse na frauta travesa con Xosé Bugallo na Banda de
Música de Barro. No ano 1995 ingresou no Conservatorio de
Música de Pontevedra, centro no que continúa os seus
estudios na actualidade como alumno de Francisco Seoane. Tanto na
banda como no conservatorio recibiu clases de outros profesores
como Adelaida Vidal, Pablo Coira, David Lombardía, Paula
Expósito ou Judith Rey. Realizou cursos de perfeccionamento
con Magdalena Martínez, Laurent Blaiteau, Luis Soto, Fernando
Raña, Jorge Caryevschi e Jilbert Hazelzet. Tamén recibe
clases particulares de Fernando Raña en Vigo e de Laurent
Blaiteau (frauta solista da Real Filharmonía de Galicia)
en Santiago de Compostela. Participou no I Seminario de Jazz de
Pontevedra (2001-2002), impartido por Abelardo Rábade e Paco
Charlín. No ano 2002 acadou unha praza de frauta reserva
na Escola de Altos Estudios Musicais, onde continúa como
alumno activo na actualidade. Gañou o 1º premio no Concurso
Musical ANPA do Conservatorio de Música de Pontevedra no
ano 2003.
Toca como solista nas Bandas de Música de Barro e Pontevedra,
e tamén na División Musical do IES A Xunqueira I de
Pontevedra, coa que participou na gravación dun disco no
ano 2002 como intérprete e compositor. Formou parte da Big
Band de Cangas do Morrazo e participou en numerosos concertos con
diversas bandas galegas. Traballa como profesor de frauta na Escola
Municipal de Música de Sanxenxo e na Escola de Estudios Musicais
A TEMPO.