JOSÉ LUIS LORENZO


Nacido en Baión (Vilanova de Arousa), é profesor de piano.

Iniciou os seus estudios musicais con Alfonso Galbán e Vladimira Smaussova na Escola de Música Elemental Bernardo del Río, en Vilagarcía. Continuou con Enrique Meyer no Conservatorio de Música Martín Millán e despois no Conservatorio Superior de Música de Vigo con Constantino e Cristina Olivar. Complementou os seus estudios oficiais asistindo a varios cursos de harmonía moderna, improvisación e piano con profesores como Manolo Gutiérrez, Luiz de Moura Castro ou Georgui Fedorenko, ademais de recibir clases de instrumento en Estudio Escola de Música (Santiago de Compostela). Unha vez na Escola de Estudios Musicais A TEMPO continuou con Carlos Calviño os seus estudios de harmonía moderna. Na actualidade ten rematado o acceso á universidade e posúe o título de Profesor de Piano.

Comezou a tocar con varios grupos de rock e participou en concursos de piano quedando finalista no segundo concurso do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Actualmente é membro do conxunto Trasmundi na compaña de Pablo Estellés, Michi e Virxilio da Silva. Tamén toca o baixo no grupo Fanjazz con Carlos Calviño e Noli Torres. Traballa como profesor na Escola de Estudios Musicais A TEMPO.

Menú de profesorado