Natural de Marín (Pontevedra), é profesor de saxofón.
Comezou o estudio da música ós 8 anos estudiando
linguaxe musical e saxo, foi alumno do Conservatorio Superior de
Música de Santiago de Compostela e obtivo o título
de Profesor de Saxofón no Conservatorio Profesional de Música
de Pontevedra.Tamén acadou a titulación de Mestre
en Educación Musical na Facultade de Maxisterio da mesma
cidade. Finalmente obtivo no Conservatorio Superior de Música
de Vigo o grao de Profesor Superior de Saxofón e complementou
os estudios oficiais asistindo a clases de instrumento con profesores
como Narciso Pillo ou Andrés Gómis Mora.
Despois de participar en diversos conxuntos corais e instrumentais
durante os primeiros anos da súa formación ingresou
na Banda Municipal de Pontevedra. Na actualidade é membro
solista nesa mesma agrupación e toca no conxunto Trasmundi
con José Luis Lorenzo,
Michi e Virxilio da Silva. Tamén traballa como profesor na
Escola de Estudios Musicais A TEMPO.