JAVIER CONSTENLA


Profesor de piano, teclado moderno e harmonía.

Naceu en Ourense e comezou ou seus estudios clásicos no conservatorio desa cidade. Continuou a súa carreira en Santiago de Compostela, onde tamén estudiou improvisación e harmonía moderna con profesores como Suso Atanes, Barry Harris, Dave Frank ou Jarmo Savolainen, ademais de asistir a varias clases mestras con outros instrumentistas.

Traballou en España, Portugal, Xapón, Venezuela e Colombia con formacións de diversos estilos como jazz, folc, pop ou música de baile. Foi membro de Abuña Jazz, Sally Albaugh Quartet, Cid e Trío, Improvia e A.M. Trío. Actualmente toca na compaña de Quique Alvarado e Teresa Saias no conxunto D´Xazz 3. É profesor de piano, teclado moderno, harmonía, combo, improvisación, solfeo e música práctica en distintas escolas galegas entre as que se atopan Estudio Escola de Música Moderna e Jazz de Santiago de Compostela e a Escola de Estudios Musicais A TEMPO.

Menú de profesorado