Profesor de guitarra, combo, harmonía, arranxos e análise.
Naceu en Vigo no ano 1971.
Rematou o bacharelato en 1990 e obtivo o grao superior de guitarra
no Conservatorio Superior de Música de Vigo no 2001. Estudiou
linguaxe musical, interpretación, acompañamento, harmonía
tradicional e moderna, improvisación e arranxos con diversos
profesores como Alberto Conde, Santiago Quintáns, Rubén
Pérez ou Carlos Cambeiro. Participou en cursos e seminarios
de jazz, guitarra, guitarra eléctrica, transcripción,
música de cámara, acústica, audio, programación,
síntese sonora e producción artística; impartidos
por profesionais como Abelardo Rábade, Paco Charlín,
Ramón Ángel Rey, Jesús Santandreu, Eduardo
Baranzano, Fabio Zanon, Santiago Quintáns, Pablo Ortega,
Tomás Camacho, Antonio Pena, Manuel A. Sobreira ou Pablo
Seoane, entre outros.
Conta con 18 anos de experiencia profesional como guitarrista, vocalista,
director musical, técnico de son e programador con varios
artistas, grupos e orquestras de baile como María Montana,
Passarela ou Tambo S.L, ademais de varias cuñas publicitaras
para radio. É membro do grupo folc Quintafeira dende o ano
2000 e toca no conxunto Fanjazz na compaña de José
Luis Lorenzo e Noli
Torres. Participou en numerosas en edicións musicais
como productor, director musical, guitarrista ou vocalista na compaña
de Alberto Conde, Carlos Rodríguez, La Tronka Jazz Quartet,
Ros Viola, Fol de Niu, La Banda del Predicador, Seda Negra, alumnos
do I.E.S. A Xunqueira de Pontevedra, Emilio Rúa e María
Montana. Tamén gravou en solitario Stella By Starlight
en 1996. Colaborou con diversos artistas e agrupacións musicais
como guitarrista, técnico de son e director musical, entre
eles Pepe Bordallo Cuarteto, Madison Blues' Band, Rosye Brown, CNOC,
Triálogo, Artu, Kelly García, Druadán, Lugnasad,
Exceso de Cupo, Paños Menores e +Turbados. Foi profesor de
guitarra e linguaxe musical no conservatorio de Gondomar do 1997
ó 2000, tamén na escola de música e danza Pro-Art
en varias ocasións. Traballa como monitor de actividades
artísticas e musicais en centros de ensino e asociacións
culturais dende 1995. Dende o ano 1999 ensina guitarra clásica,
eléctrica e acústica, baixo eléctrico, linguaxe
musical, combo, harmonía, análise e arranxos na Escola
de Estudios Musicais A TEMPO.