ROCK NO ENSINO PÚBLICO

 

A División Musical do IES A Xunqueira I de Pontevedra ven de editar un disco titulado Rock no ensino público, composto por pezas clásicas de diversos estilos musicais e un tema orixinal de Adrián Silva, un dos membros da banda. A gravación tivo lugar no estudio Eclipse de Vilagarcía e todo o traballo técnico correu a cargo de Carlos Calviño. A TEMPO proporcionou o equipamento material necesario.

Calquera persoa interesada en conseguir unha copia non ten máis que pasar polo IES A Xunqueira I ou pola Escola de Estudios Musicais A TEMPO. Tódolos beneficios producidos investiranse en novos instrumentos e material para a agrupación.

Voltar á páxina anterior