Coa organización destas xornadas, A
TEMPO amosa de novo a súa vontade de ofrecer unha formación
de calidade no campo da música moderna que se poida continuar
no futuro coa posta en marcha de novas edicións.
As xornadas estarán dirixidas por distintos
profesores, especialistas nos instrumentos máis emblemáticos
da música moderna. Haberá aulas de instrumento, teóricas
e prácticas para que a formación obtida resulte o
máis completa posible.
Sábado 3
Carlos Calviño - Guitarra,
baixo e harmonía.
Javier Constenla - Piano, teclados
e harmonía.
Carlos Castro - Batería,
láminas e harmonía.
Venres 23
Carlos Calviño - Guitarra,
baixo e harmonía.
Carlos Castro - Batería,
láminas e harmonía.
Xose Luis Miguélez - Saxofón,
frauta e harmonía.
HORARIOS
Mañá de 10:30 h. a
14:30 h.
Tarde de 16:30 h. a 18:30 h.
LUGAR
DE CELEBRACIÓN
As xornadas terán lugar na Escola
de Estudios Musicais A Tempo. Pza.
da Castaña 2, baixo (zona Cruz Vermella). Pontevedra.
PREZO
30 € cada unha.
55 € polas dúas.
CONTIDOS
Harmonía Moderna:
Escalas e modos, acordes, tensións, notas a evitar, funcións
tonais, intercambio modal, modalización, progresións
e sustitucións.
Notas reais e de adorno, motivo, imitación e variación.
Nomenclatura universal e cifrado. Análise rítmica,
melódica, harmónica, estilística e estética.
Interpretación:
Escalas, densidade rítmica, lonxitude de frase, enlace harmónico,
adornos e tensións. Articulación rítmica, corchea
swing, dinámicas e acentuación.
Estilos:
Repertorio blues, modal, tonal e progresións. Sobre estándares
de rock, pop, blues, bossa, funk, latin, swing, bebop, etc...
PROFESORADO
Carlos
Calviño Profesor superior de guitarra.
Profesor de guitarra, baixo, harmonía moderna e combo na
Escola de Música A TEMPO.
Javier
Constenla Profesor de teclado moderno e improvisación.
Colaboracións con Abuña Jazz, Improvía, Latinápolis
e Fanjazz entre outros.
Xosé
Luís Miguélez Profesor de música tradicional
no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Na actualidade cursa o 4º ano na licenciatura de Jazz Performing
na Universidade de Porto.
Carlos Castro Profesor superior de percusión,
imparte aulas no Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Percusionista nos grupos Doa e Fía na roca, ten colaboracións
innumerables cos máis destacados músicos do panorama
da música moderna.
INSCRICIÓN
Pódese facer
na Escola
de Estudios Musicais A Tempo.
Pza. da Castaña 2, baixo (zona Cruz Vermella). Pontevedra.
Máis información no teléfono 659
47 43 52.