|
|
|
|
|
|
|
A escala maior natural divide cada octava en sete notas distintas. Cada unha desas notas dá orixe a un modo distinto da seguinte maneira: Modos da escala maior natural Tódolos modos dunha escala cubren a distancia dunha octava coas mesmas sete notas, pero a situación cambiante dos semitonos produce intervalos diferentes entre os graos de cada modo. Vexamos por separado as características
dos modos naturais tomando como exemplo a tonalidade de do maior. Para
practicar cada modo é moi importante facer descansar a melodía
nas notas da tríada (incluída a fundamental). Eso é
o que fai sonar un modo e non outro, porque a escala é a mesma
para tódolos modos da tonalidade. |
|
|
Modo I (xónico, escala maior) Modo II (dórico) Modo III (frixio) Modo IV (lidio) Modo V (mixolidio) Modo VI (eolio, escala menor) Modo VII (locrio) Na seguinte táboa aparen tódolos
modos da escala maior natural. Primeiro ordenados polos graos da escala
que os orixinan e despois agrupados por tipos de acorde. Preme os enlaces
para acceder ás versións imprimibles da táboa por
graos da escala e por
tipos de acorde. Exercicio Sobre un acorde maior, menor ou diminuído; entoa-las notas de paso propias de cada modo.
Carlos
Calviño |
|