|
|
|
Sonata Op. 2 nº 1 de Beethoven, 3º
movemento
|
|
|
Forma musical:
|
 |
|
|
Harmonía:
Comeza en Fa m e no compás 5 (3ª
parte) hai unha modulación a Lab M. No c. 18 (1ª parte) modula
a Sib m e no c. 30 volta a Fa m, ton no que remata o minuete.
O trío comeza en Fa M e no c. 48 (1ª parte) modula a Re M
e inmediatamente a Sol M no c. 49 (1ª parte). No c. 54 volta a Fa
M, ton no que remata o trío.
Acordes:
Sucesión V - I case permanente, excepto nos cc. 1 ( II - I ), 28
e 29 ( VI - VII ), 31 ( VII - I ), 34 ( VII - I), 42 ( II - I ), 46 (
II - V ), 50 ( IV - I ) e 67 ( II - I ). Os acordes son case todos tríadas
excepto os dominantes, que levan 7ª menor ou 7ª e 9ª menores
no c. 17. Tamén se emprega unha 7ª diminuída sobre
o 7º grao do modo menor harmónico no c. 31.
Cadencias:
|
 |
|
Nalgúns casos, pequenas codas reafirman o final conclusivo como
nos cc. 12, 13 e 14 (3ª parte); noutros casos estas pequenas codas
serven para conducir a unha nova sección e un novo ton, como nos
cc. 39 e 40.
Fraseo: exemplo no minuete.
|
 |
|
Influencias:
1) Do estilo galante: melodismo e repetición de temas na man dereita
e baixo Alberti na man dereita do c. 41 ó 44 (acordes arpexiados).
2) Do estilo sentimental: eliminación da decorativa ornamentación
do rococó; alternancia dos modos maior e menor e tonalidades lonxanas.
3) Virtuosismo: melodías en 3as, tratamento orquestal de melodías
ó unísono no c. 24 e seguintes, parellas de acordes.
Conclusións:
1) Escritura musical apta para o clavecín ou o piano, indistintamente.
Extensión Fa2 a Fa7. Emprego escaso de notas externas (c. 49).
2) Variedade de temas moi contrapostos. Embrión dun futuro sinfonismo
pianístico.
É un minuete clásico, cunha 1ª parte rítmica
e unha 2ª (trío) máis melódica. Este trío
consta de dous elementos expostos de maneira simultánea, un a corcheas
na man dereita e outro a negras na esquerda. Ámbolos dous elementos
son sometidos a varias transformacións en forma contrapuntistico-canónica,
nas que os motivos da voz superior (man dereita) aparecen despois na inferior
(man esquerda) e viceversa, incluso en forma de contrapunto imitativo.
3) Pertencente ó clasicismo, e a unha das sonatas de Beethoven
do 1° período creativo.
Miguel Ángel
Rodriguez
Escola de estudios musicais A TEMPO
|