ACTIVIDADES PARA NENAS E NENOS
Contamos con músicos especializados en pedagoxía infantil. Ensinamos a partir dos 3 anos con materias especiais para cada idade. Práctica musical en conxuntos de idade similar.

Formación individual. Consulta a nosa oferta de instrumentos e asignaturas.
Música e movemento. Iniciación para menores de 6 anos.
Formación básica. De 6 a 8 anos.
Coro. Emisión natural da voz. Desenvolvemento da capacidade de cantar de maneira polifónica.
Orquestra infantil. Práctica musical en grupo e preparación auditiva.
Grupo de frautas. Preparación do oído e interpretación musical en conxunto.
Danza. Descubrimento de novas canles de expresión. Dominio do corpo e relaxación.
Grupo de teatro. Desenvolvemento da capacidade interpretativa e do traballo en grupo.